Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense está a traballar nun plan para a mellora da adherencia nas beirarrúas, coa fin de evitar esvaróns e caídas na vía pública. Logo de realizar varias actuacións mediante a aplicación de tratamentos abrasivos, “os resultados a medio prazo non foron os esperados”, recoñece o concelleiro responsable desta área, Miguel Caride. A brigada de Infraestruturas realizou recentemente unha proba de microfresado, para o que se empregou unha fresadora con discos de carburo de tungsteno -un químico inorgánico composto a partes iguais de átomos de tungsteno e de carbono; na escala de dureza de Mohs, está entre o 8.5 e o 9.0, o que significa que é case tan duro coma o diamante- que executa uns pequenos sucos sobre o pavimento da beirarrúa mellorando a adherencia na pisada.

Nos vindeiros días vaise probar esta solución na rúa de Bernardo González Cachamuíña e no acceso á praza de Eduardo Barreiros. No caso de seren satisfactorias estas probas, replicarase o microfresado do pavimento naquelas zonas nas que a incidencia de esvaróns e caídas sexa considerable.