Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

 


Para darlle continuidade a este proceso, o Concello de Ourense inicia un proceso de participación cidadá plural, aberto a toda a cidadanía para a mellora da calidade ambiental, a mobilidade, a pacificación do tráfico e a integración da bici no casco urbano de Ourense

Fases do Proceso de Participación

Creación dunha primeira comisión técnica

Creación da comisión técnica-cidadá e colaboración na divulgación do proceso. Comisión integrada por o Concelleiro de Infraestructuras, representantes municipais dos catro partidos políticos con representación municipal, técnicos municipais, a Policía Local e o equipo redactor do proceso URBA + Consultora de Urbanismo y Arquitectura S.L
A comisión quedará aberta a novas incorporacións segundo as necesidades do proceso.

Deseño do Logo do Proceso

Realización dun concurso público para o deseño do logo e do lema do proceso.
O nome e o logotipo deberán reflexar a natureza do proceso. O obxetivo e doble: mellorar o proceso de participación cidadá e mellorar a calidade ambiental e a mobilidade, mediante a pacificación do tráfico e a integración da bici na cidade de Ourense.

Campaña de comunicación previa sobre mobilidade urbana sustentable e o proceso de participación asociado

Realización de 3 conferencias iniciáis de formación aberta a cidadanía na que se explicará en qué consiste o proceso de participación posto en marcha, e as diferentes formas para participar nel, ademáis de conceptos de mobilidade e sustentabilidade ambiental e social  a través de exemplos prácticos.
Cada conferencia terá unha duración aproximada de 90 minutos.

Como podo participar neste proceso?

  • PARTICIPACIÓN INDIVIDUAL. Cada cidadán a modo individual.
  • PARTICIPACIÓN COLECTIVA. A través de organizacións sociais, sindicatos, partidos políticos, e asociacións  para a defensa dos seus propios intereses.

No apartado recursos dispoñibles poderase descargar o formulario de inscripción para participar no proceso. Deberá presentarse copia cumprimentada no rexistro do concello ou por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Constitución do Grupo Motor

Realizarase unha convocatoria pública para a constitución do grupo motor.


No apartado recursos dispoñibles para a descarga aparece a folla modelo para a inscripción.


Unha vez recibidas todas as solicitudes a comisión técnica encargarase da selección e constitución do grupo motor e da comisión de seguimento do proceso.

Talleres ou sesións de traballo do grupo motor para a Definición do Proceso e a preparación do Plan de Comunicación

Realizaranse sesións de traballo que definan o proceso, os obxectivos, o calendario, a mostra de axentes e a preparación do plan de comunicación.

  • Primeira sesión: definición do contexto e obxectivos.
  • Segunda sesión: realización do cronograma do proceso e da mostra de axentes a participar no mesmo.

Presentación pública do proceso e inicio das actividades de participación.

Realización de talleres e actividades relativas a mellora da calidade ambiental e a Mobilidade: Pacificación do Tráfico e Integración da Bici no centro urbano de Ourense

Realización de talleres colectivos, realización de enquisas para recollida de datos. Realización da evaluación do diagnóstico, idoneidade das propostas e elaboración dos informes técnicos correspondientes.

Elaboración do Proxecto Final e do Plan Integral de Accións

Elaboración do proxecto final, dos informes técnicos correspondentes e deseño do plan de accións a desenvolver.

Realización do Taller para Devolución dos Resultados

Para concluir o proceso farase unha convocatoria pública coa información do proxecto definitivo, na que constarán as propostas que se inclúan e as que non, especificando o motivo da súa exclusión.

Recursos dispoñibles para a descarga