Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O Concello de Ourense iniciará mañá, mércores, 18 de decembro, unha serie de reparacións provisionais na rúa dos Remedios que permitan a circulación normal de vehículos e viandantes, mentres redacta un proxecto para contratar, mediante procedemento aberto, a reparación integral da rúa; unha obra que agarda poder adxudicar a principios de ano e iniciar antes do verán.

O concelleiro de Infraestruturas, Migue Caride, acompañado dun enxeñeiro da concellería e do capataz da brigada de obras realizou esta mañá unha visita de inspección á rúa. Ante o mal estado en que se atopan algunhas zonas, con notorio perigo de causar danos a vehículos e caídas a viandantes, decidiron abordar unha solución provisional, que consiste en retirar as lousas danadas e substituílas por aglomerado en frío (non é posible recolocalas, xa que é necesario substituír a capa de morteiro sobre a que se asentan). Isto fai necesario abordar unha obra importante xa que haberá que levantar a rúa, ou ben na súa totalidade ou ben na súa maior parte, o que se está a estudiar na actualidade.

Como consecuencia destas reparacións provisionais, mañá, mércores, día 18 estará pechada a rúa dos Remedios, entre as interseccións coas rúas Velázquez e Murillo, desde as 8 da mañá até as 2 da tarde.