A cidade de Ourense acomete a mellora en 7 km dos paseos peonís situados nas marxes dos ríos Barbaña e Barbañica a través dun obradoiro de emprego, cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria (280.000 euros, para o pago de salarios e funcionamento) e o Concello (74.000 euros para custe de material).
Os traballos que estanse a desenvolver na marxe dos ríos desde o pasado 30 de setembre a través dos tres módulos dos que consta a o obradoiro de emprego Ribeiras do Barbaña, que ten 20 alumnos e 6 integrantes do equipo directivo (3 monitores, 1 mestre de Educación Básica, 1 administrativo e 1 directora). O obradoiro rematará o 29 de xuño de 2018.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira e os concelleiros de Infraestruturas, José Araújo, e Promoción económica, Jorge Pumar, visitaron esta mañá os traballos que se están a desenvolver na marxe dos ríos a través dos tres módulos dos que consta a o obradoiro de emprego Ribeiras do Barbaña.
Durante estes días, o módulo de xardinería atópase realizando tarefas de limpeza e mantemento dos paseos do Barbaña e Barbañica, mellorando o seu aspecto actual.
O módulo de carpintería está fabricando asentos para bancos e ao mesmo tempo desenvolvendo labores de conservación e mantemento de pontes e pasamáns de madeira existentes.
O módulo de albanelería encóntrase realizando melloras no firme e renovando os xogos biosaludabeis situados no Paseo dos Ponxos, acadando unha considerable mellora do mesmo.
Con estas actuacións o Concello de Ourense e a Xunta reforzan a súa aposta polas políticas de creación de emprego, co afán de fomentar a inserción socio laboral dos colectivos mais desfavorecidos e tamén mellorando e adecuando ós tempos actuais lugares tan valiosos para a cidade como as marxes dos ríos Barbaña e Barbaña que forman parte dos itinerarios diarios de milleiros de veciños e veciñas que os utilizan para camiñar, correr, usar os xogos biosaudables, desfrutar do encontro coa Natureza ou dos espazos verdes, de lecer e convivencia.
Na procura da mellora ambiental e paisaxística
A actuación agrupa un conxunto de actuación que procuran proporcionarlle unha substancial mellora ambiental e paisaxística, que inclúe:
- Mellora do pavimento existente nas zonas onde hai surcos e construción de zanxas nos puntos necesarios para evitar a acumulación de aiga
- Substitución de bancos actuais quie se atopan en mal estado por outros de pedra e madeira, que se ubicarán cada 150 metros
- Eliminación de piares de hormigón existentes que xa non son necesarios
- Acondicionamento de varandas das pontes que comunican as dúas marxes do río Barbaña
- Restauración de noiros e mellora de zonas verdes con traballos de xardinería e plantación de especies seleccionadas.
- Extensión de sábrego nas proximidades do Xardín da Metamorfose, onde se atopan os xogos biosaudables, para evitar que se forme barro
- Reparación e posta en funcionamento do rego existente que se atopa en desuso.