Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, desde o día 16 ao 22 de setembro estará prohibido aparcar (aínda que si poderá circular os vehiculos) na rúa Concordia e no primeiro tramo da Avenida de Buenos Aires (o que vai desde a Praza das Mercedes ata a rúa Valle Inclán).

Coincidindo con esta celebración, desde o domingo 16 péchanse definitivamente ao tráfico as rúas Xaquín Lorenzo “Xocas” e o primeiro tramo de Cardenal Quevedo (desde Xaquín Lorenzo ata a Avenida da Habana), coa finalidade de reservar para o uso peonil estes espazos públicos sitos na contorna inmediata do Parque de San Lázaro.

Sábado, “Día sen coches”

O sábado, 22, no que se celebrará o “Día sen coches”, pecharanse ao tráfico de vehículos as rúas Concordia, Valle Inclán ata Avenida da Habana, Ramón Cabanillas ata Habana, e Avenida de Buenos Aires, tamén ata Habana, aínda que si se poderá acceder a garaxes, aparcamentos e utilizarse as zonas de carga e descarga).

O día 22 tamén se pechará ao tráfico a rúa Pardo de Cela, de 10 a 20h para desenvolver actividades participativas e de sensibilización para a mellora da mobilidade na cidade.