Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Con motivo da celebración do Día sen coches, mañá, sábado, 22 de setembro, pecharanse ao tráfico as rúas Concordia, Valle Inclán, no tramo comprendido entre Ramón Cabanillas e a Avenida da Habana, e Avenida de Buenos Aires, desde Concordia ate Avenida da Habana. Estas rúas do centro da cidade serán reservadas durante todo o día a uso peonil, coa única excepción de acceso a garaxes, aparcamentos e zonas de carga e descarga.

Tamén mañá, sábado, de 10 a 20h, pecharase ao tráfico a Avenida Pardo de Cela, desde a glorieta sita fronte ao Pavillón dos Remedios ata a Ponte Vella. Este espazo acollerá durante toda a xornada actividades de lecer, práctica de patíns e bicis e exhibicións deportivas Entre elas, de 10:00 a 13:00h haberá unha jinkana de bicicletas, unha carpa obradoiro de reparacións destes vehículos e un punto de información sobre o servizo municipal de préstamo Biciourense. Este último estará aberto tamén de 17 a 20h. A mesma rúa acollerá ás 19:00h a actividade “Ciclobibliotecas: contos con rodas”.

O autobús urbano Mouchobus será de balde para toda a cidadanía.

Durante todo o día continuará aberta ao público a exposición fotográfica “combina e móvete” na rúa Curros Enríquez, fronte á Subdelegación de Goberno

Asimesmo, con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, ate mañá, sábado, non está permitido aparcar nas rúas Concordia, Avenida de Buenos Aires ata Vallen Inclán e Bedoya, ata Valle Inclán.