Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Ourense, 13 de outubro de 2018.

Móvete por Ourense naceu, en abril de 2017, como un proceso de participación plural “para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade”, e que perseguía “a pacificación do tráfico e a integración da bici no centro urbano de Ourense”. Logo de pulsar o diagnóstico de máis de 10.000 ourensáns, ben individualmente, ben a través de colectivos, Móvete por Ourense xa é un plan para lograr un modelo de cidade na que teña menos protagonismo o coche e máis as persoas. Desde hoxe está dispoñible no espazo web www.ourense.gal toda a súa documentación, desde o inicio do proceso até as conclusións finais.

Todas as concellerías traballan no desenvolvemento deste programa, que agora está en mans dunha comisión integrada por representantes dos grupos políticos municipais e por técnicos dos diferentes departamentos. “É un modelo de convivencia grazas ao que toda a cidadanía vai saír reforzada”, afirma o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. “Un programa”, di, “para construír unha cidade con vontade e valentía e no que toda a cidadanía conta, e suma”.

As conclusións finais resúmense en bloques que conteñen 21 accións concretas. Os grandes temas son os seguintes:

  • Construír un modelo de cidade con vontade e valentía.
  • Construír unha cidade para o peón, coa progresiva peonalización de diferentes zonas da cidade, ou polo menos acceso restrinxido ao tráfico rodado.
  • O cumprimento estrito da normativa de tráfico.
  • O modelo de Cidade 30, que non se trata de limitar a circulación a 30 km/h, senón conseguir que a velocidade media do tráfico non supere esa cifra.

Nesta ligazón pódese descargar o proxecto Móvete por Ourense, con toda a información do proceso de participación desde os seus inicios ata as conclusións finais.