Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Os traballos de reposición do pavimento nas rúas Lamas Carvajal e na praza do Correxidor e rúa de San Francisco, que comezarán mañá martes, 21 de maio, obrigan ao Concello a cortar o acceso de vehículos durante esta semana. A Policía Local colocará valados para impedir o tráfico, que permanecerán até a finalización das obras, prevista para o venres 24 de maio ás 15:00 horas.

Durante a realización das obras de reposición,poderase seguir transitando peonilmente por estas céntricas rúas da cidade. Desde o Concello de Ourense prégaselle comprensión á cidadanía no período que duren estas actuacións, e desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.