Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O Concello de Ourense realizará desde pasado mañá, mércores, 2 de outubro, até o venres, 4, actuacións de mellora do pavimento na rúa Hernán Cortes, sita no Casco Vello da cidade. Estes traballos requirirán interrumpir o tráfico de vehículos nesta rúa peonil durante a súa realización

As actuacións de mellora do pavimento no Casco Vello realizaranse a semana proxima, desde o luns 7 ao mércores, 9, na rúa Cisneros, tamén peonil, e tamén requirirán interrumpir o tráfico durante a duración dos traballos.

O Concello solicita desculpas polas molestias que podan ocasionar estas actuacións, que resultan necesarias para a mellora do pavimento destas dúas rúas do Casco Vello.