Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

A accesibilidade vertical na cidade “xa non é unha promesa electoral”, en palabras do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen anuncia que xa está en marcha o proxecto que permitirá camiñar dende a rúa do Progreso até a zona do complexo cultural de San Francisco. “Existe unha folla de ruta que xa está en marcha, toda vez que o técnicos municipais xa veñen traballando na últimas semanas nas actuacións que se irán desenvolvendo”, afirma, “e o proxecto poderase licitar no vindeiro ano”. O obxectivo é implantar elementos mecánicos para que os cidadáns se poidan desprazar a pé sen dificultade e se utilice menos o vehículo.

Como adianta o rexedor, colocaranse catro ramplas mecánicas na rúa Concordia, dúas en cada tramo da rúa, que conectarán co seguinte banzo natural do terreo, a praza das Mercedes, onde se colocará outro destes mecanismos para comunicarse coa rúa Arturo López Serantes. Esta será a última das etapas, xa que tamén contará esta rúa con ramplas que salvarán o pronunciado desnivel para chegar á rúa San Francisco. Este conxunto de elementos mecánicos rematará no Auditorio Municipal e do complexo cultural, onde se empraza a nova Biblioteca Pública e o Arquivo Provincial, onde haberá un ascensor para acceder ao complexo.

“O proxecto marcará un antes e un despois no campo da mobilidade e accesibilidade na cidade”, tal e como sinala o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. Segundo das previsións dos técnicos, o proxecto poderase licitar en 2020 para que se poidan rematar as obras e posta en marcha destes elementos mecánicos durante 2021.

Porén, malia que o proxecto estrela segue a ser o da Cruz Alta Milagrosa, non serán os únicos elementos mecánicos para a mobilidade que se colocarán na cidade, xa que están previstas máis que no seu momento se irán anunciando, adianta Pérez Jácome.