Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión ordinaria do día 28 de novembro o Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Ourense, promovido pola Concellería de Infraestruturas e Mobilidade, e elaborado pola empresa Urbamas Consultoría de Urbanismo y Arquitectura. O Plan é “unha ferramenta imprescindible para traballar nun novo modelo de mobilidade que vai transformar a nosa cidade”, asegurou o concelleiro Miguel Caride. O documento será presentado nun acto público o día 10 de decembro ás 19:30 horas na Sala Valente.

Inclúe as achegas recollidas durante un amplo proceso de participación social, e aborda cuestións como os movementos de tráfico, peatonalizacións e humanizacións, zonas onde se debe intervir para incrementar a seguridade viaria, incorporación de elementos mecánicos de mobilidade vertical, cámaras de vixilancia, radares, zonas A30, entre outros. Tamén prevé a creación dunha oficina municipal de mobilidade, unha comisión técnica-política e outra de seguimento do plan.

O Plan presentarase en público o próximo martes, 10 de decembro, nun acto organizado polo Concello que terá lugar ás 19:30 horas na Sala Valente, con entrada libre e gratuíta. O Concello convida a asociacións veciñais, entidades e colectivos sociais e a toda a cidadanía de Ourense para que asistan a esta convocatoria, que lles dará a posibilidade de coñecer o modelo de cidade que o Concello pretende implementar en Ourense

DOCUMENTACIÓN