Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

A recente resolución final da convocatoria (CE-FNR-17-2020) sobre novos modelos de xestión de cidades baseados na economía circular do Programa Horizonte 2020, o maior programa de investigación e innovación na Unión Europea, tivo como resultado o financiamento dun único proxecto, que contará con participación galega. En concreto trátase do proxecto HOOP: Plataforma de hub de cidades circulares impulsora de investimentos para a valorización dos residuos orgánicos urbanos e as augas residuais.

O obxectivo deste proxecto é proporcionar o marco administrativo, técnico, económico, financeiro e legal para o desenvolvemento de estratexias innovadoras de investimento. Estas estratexias permitirán dar unha segunda vida aos residuos orgánicos de natureza municipal, aqueles que chegan tanto ás depuradoras das cidades como aos contedores orgánicos (contedores marróns), permitindo obter subprodutos seguros e sostibles.

Este proxecto, liderado polo Centro Tecnológico de la Energía y del Medio Ambiente (CETENMA), conta coa participación como socio de Cetaqua Galicia e coa colaboración do Concello de Ourense como unha das 26 cidades europeas seguidoras que formarán parte do Urban Biowaste Club, o que lle permitirá beneficiarse dos resultados obtidos no proxecto. Terá unha duración de 4 anos e un orzamento total de 9 millóns de euros

A actividade investigadora desenvolvida no Concello de Ourense por parte da empresa Viaqua e o centro tecnolóxico Cetaqua Galicia, no marco da súa Unidade Mixta financiada pola Xunta de Galicia, permitiu a participación neste proxecto europeo de primeiro nivel, situando á cidade de Ourense á vangarda da investigación neste ámbito relacionado coa economía circular.