Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense iniciará o mércores, 26 de agosto as obras de acondicionamento do firme da rúa de Francisco de Moure, un dos principais viais do barrio do Couto, que se estende desde a Avenida de Portugal, á altura da Praza do Couto até a rúa de Faustino Santalices.

Os traballos consistirán no fresado e a reposición da capa de firme, que se fai necesaria dado o seu estado de esgotamento actual. Posteriormente pintarase toda a vía.

O plan de traballo prevé que mañá, mércores se realice a sinalización da zona e que o xoves comece o fresado e a reposición. Os traballos de acondicionamento de firme rematarán previsiblemente o luns, 31 de agosto quedando pendente, unicamente, o pintado da vía.

En canto ao tráfico, a execución desta obra fará necesario inhabilitar os aparcamentos da vía durante o xoves, o venres e o luns. Tamén será preciso restrinxir durante estes días o paso de vehículos nun dos sentidos de circulación desviando o tráfico polas rúas adxacentes. Concretamente, mentres se realicen as obras, os vehículos poderán circular en sentido á Praza do Couto, pero non no contrario.

As obras suporán un investimento de 48.392,80 euros por parte do Concello, e forman parte das actuacións de mellora e acondicionamento de firme que a Concellería de Infraestruturas desenvolve ao longo do ano naquelas rúas que o precisan.