Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, proporalle ao Pleno do Concello a adquisición dun edificio na Praza do Trigo -número 3, na esquina coa rúa San Quintín- para reforzar o funcionamento dos servizos municipais.Trátase dun inmoble de tres plantas emprazado xunto a outro edificio de titularidade municipal, a sede da área de Infraestruturas.

Coa compra deste inmoble o alcalde pretende darlle solución á carencia de espazo para oficinas administrativas que presenta o Concello na actualidade. Un feito que ten como consecuencia que determinados servizos dispoñan dunha superficie insuficiente e teñan nalgúns casos que dividirse en diferentes edificios, como ocorre con Tesouraría.

O aumento de superficie permitiralle ao persoal traballar en mellores condicións, fomentar a eficacia e eficiencia no funcionamento de diferentes áreas municipais, e a atención que se lle presta á cidadanía. Tamén dará resposta novas necesidades, como a próxima incorporación de novo persoal técnico ao Concello, froito das convocatorias que se realizaron para a contratación de técnicos e técnicas de administración xeral e arquitectura.

A adquisición do inmoble tamén contribuirá a darlle vida ao centro histórico da cidade, xa que fomentará a afluencia de persoas aos novos espazos administrativos, especialmente nesta zona sur do casco vello, a máis precisada de rehabilitación económica e social. “Mantemos a filosofía de concentrar os edificios administrativos no centro histórico”, afirma o rexedor.

O custo da adquisición sería duns 750.000 euros, un prezo que se considera alcanzable especialmente dado que o inmoble está en bo estado e non faría precisa unha custosa rehabilitación. “Aforramos moito tempo e diñeiro, só habería que entrar e amoblalo”, di Pérez Jácome. A superficie total é de 640 m2 construídos sobre unha superficie de 123 m2.
Consta de baixo, tres plantas e ático. É orixinal do arquitecto Julián Neira e conta con diferentes reformas posteriores.