Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense inicia este luns, 28 de setembro, os traballos de acondicionamento e mellora dun noiro (talud) na rúa J, do barrio de Seixalbo. Trátase do muro adxacente a un parque público emprazado entre as rúas J e a marxe esquerda da rúa Seixalbo, e o orzamento é de 46.775 euros, IVE incluído.

O prazo de execución da obra será de 1 mes, e para o desenvolvemento dos traballos haberá que cortar a zona de estacionamento e a metade das vías paralelas ao noiro -para poder asentar o guindastre e o resto do equipo-, así coma a zona de estacionamento dos edificios máis próximos ao noiro, na rúa do Cumial.

O Concello de Ourense prégalle paciencia e comprensión á veciñanza da zona mentres duren as obras, e pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.