Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, iniciará este mércores, 28 de outubro, as obras de acondicionamento de firme das rúas Xoán de Novoa e Bierzo. Os traballos consistirán na rehabilitación da capa de firme previo, no fresado nas zonas máis deterioradas, na adecuación de pozos e de sumidoiros, na mellora parcial das beirarrúas e na reposición da sinalización horizontal.

As dúas rúas permanecerán pechadas ao tráfico, polo que o departamento de Infraestruturas está a colocar paneis indicativos coa ruta alternativa proposta pola Policía Local: aconsella acceder ao barrio da Cruz Alta a través da rúa da Canle.

Do mesmo xeito, os usuarios da Liña18 do transporte público non verán alteradas ningunha das paradas, só que o autobús entrará e sairá do barrio da Cruz Alta polo itinerario alternativo, pero respectando todas as paradas.

O prazo de execución estímase en 3 días para a rehabilitación do firme. A partir de aí, haberá que agardar un prazo de 10 días para a consolidación dos materiais e proceder ao pintado da sinalización horizontal, un proceso que se demorará durante outros dous días máis.

A actuación afecta a 2.365 m2 e suporá un investimento de 48.298,23 euros.