Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

A Concellería de Infraestruturas iniciará este xoves as obras de acondicionamento da rede viaria nas rúas Castro Canseco, Mateo de Prado e Xoán Pérez Villaamil, na fronteira entre os barrios do Couto e de Vistafermosa. A superficie de actuación alcanza as 2.997,30 m2 e un investimento de 48.105,04 euros. Procederase á rehabilitación da capa do firme previo fresado nas zonas máis deterioradas, a adecuación de pozos e a reposición de sumidoiros a rasante e a reposición da sinalización horizontal.

O prazo de execución estímase en tres días para a rehabilitación de firme e dous días para a sinalización horizontal, existindo un prazo de espera de 10 días entre ambas actuacións.

En canto á rúa Bispo Lourenzo, que limita coas actuacións planificadas, solicitóuselle á Xunta de Galicia -como titular da mesma- a súa reparación urxente, xa que o Concello non ten competencias de conservación e mantemento.

Mellora de vías no rural

Xunto ás obras na cidade, a vindeira semana iniciaranse tamén os traballos de mellora de vías no perímetro rural da cidade, dentro do plan +Rural que fora acordado entre o Concello e os representantes veciñais. Así, para o luns está previsto que comece o acondicionamento da rúa de Mende, desde a C-546 até o cruzamento con estrada de Canibelos, en Santomé.

O martes comezará o acondicionamento da rúa Catasol, e quedarán para o xoves e para o venres o acondicionamento do firme da estrada de acceso a Souto do Río, en Santa Cruz de Arrabaldo, e da rúa Irmáns Casas, na Chapa.