Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Na xunta de goberno local celebrada esta semana aprobáronse os expedientes para contratar seis proxectos de execución de obras en diferentes barrios da cidade, cos seus correspondentes pregos de condicións económico-administrativas, por un importe total de 1.591.533,33 euros:

  •  Rehabilitación de firmes e mellora de beirarrúas de Covadonga, por importe de 568.154,67 euros (IVE engadido)
  •  Acondicionamento da rúa Vía Vella – Santa Ana do Pino, por importe de 329.791,55 euros.
  •  Renovación de pavimento, firme e alcantarillado na rúa Ribeira de Canedo, por importe de 268.450,12 euros
  •  Acondicionamento do Camiño da Pedreira, Seixalbo, por importe de 126.577,80 euros
  •  Acondicionamento do tramo inicial do paseo fluvial de Oira, desde a rúa de Alfredo Brañas, camiño da praia e estacionamento público, por importe de 298.579,19 euros

 Na mesma sesión, adxudicouse a execución das obras de reforma e ampliación de beirarrúas na rúa da Canle.