Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O Concello de Ourense remodelará e humanizará a contorna do pavillón de Oira cun investimento de 358.992,42 euros. A xunta de goberno local aprobou na súa sesión o expediente para contratar a execución das obras, mediante procedemento aberto simplificado.

O proxecto urbanización da zona de aparcadoiro tras o polideportivo de Oira ten como finalidade mellorar e acondicionar a contorna da parte traseira do equipamento deportivo, unha área de 5.600 metros cadrados, que se dotará de beirarrúas, zonas aparcamentos delimitados, espazos verdes, e renovará a súa rede de servizos, a iluminación e o mobiliario urbano, coa finalidade de acadar unha mellora xeral do espazo. O proxecto pretende darlle resposta ás solicitudes realizadas por veciños e usuarios das instalacións deportivas e de lecer que alí se atopan, que requirían dunha actuación que humanizase os accesos, independizase zonas da vía e de aparcamento e zonas de peóns, e mellorase o deficiente estado do pavimento actual. O proxecto está incluído no Plan de Investimentos Municipal 2016‐2017.

Realizarase unha actuación integral na contorna detrás do pavillón polideportivo: o aparcamento existente e a vía que o atravesa, as beirarrúas e todo o espazo público. Entre as actuacións, substituirase o pavimento existente, reporanse beirarrúas e executaranse outras novas, defínese un novo deseño da distribución de prazas de aparcamento para acadar unha organización máis eficiente e dirixir o tráfico interno delimitando as zonas de circulación de vehículos, para favorecer á seguridade para os peóns. Créanse novos espazos nos aparcamentos para persoas con mobilidade reducida e para autobuses, mellórase o sistema de iluminación, a rede de pluviais e instálase nova sinalización e mobiliario urbano. Trala reforma, o espazo sumará un total de 117 prazas de aparcamento para vehículos, 3 para autobuses, 24 de motos e contará cun aparcadoiro de bicicletas con capacidade para 38 unidades.