Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

As rúas Bonhome e Doutor Fleming serán obxecto de senllos proxectos de humanización por parte do Concello de Ourense. A xunta de goberno local aprobou na súa sesión desta mañá os expedientes para contratar a redacción dos dous proxectos. Para o da rúa Bonhome destínase un orzamento de 35.101,88 euros, e para o da rúa Doutor Fleming, 30.007,47 euros, IVE incluído.

Con este acordo, o Concello avanza nunha liña de actuación que pretende estender aos diferentes barrios da cidade. Así, a semana pasada, a xunta local aprobou os expedientes para contratar a redacción doutros dous proxectos de humanización: os das rúas Ánxel Barxa Compositor, Mestre Vide, Eduardo Blanco Amor e Alfonso Rodríguez Castelao, no barrio das Lagoas, por importe de 64.364,35 euros e o da Avenida de Portugal, por 87.807,51 euros.

Tamén se deu conta das ordenacións decrecentes das ofertas que o Concello recibiu para adxudicar contratos públicos, entre eles o de obras de conservación e mantemento da infraestrutura viaria (dous lotes), ou para os servizos en materia de seguridade e saúde vinculados á conservación e mantemento das infraestruturas viarias de titularidade municipal no sector urbano.