Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O Concello de Ourense desenvolverá un proxecto de embelecemento de medianeiras de edificios nos barrios da cidade, a través de intervencións artísticas que doten dun atractivo engadido a estas contornas aproveitando as superficies dos laterais de edificios, nos que artistas locais terán a oportunidade de amosar a súa creatividade cos seus graffitis.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, impulsa esta iniciativa, para a que o Concello iniciou os contactos con diferentes artistas, ao tempo que avanza na selección dos diferentes inmobles nos que se desenvolverán as actuacións. A primeira obra correrá a cargo do recoñecido artista urbano ourensán Mon Devane, quen se encargará da medianeira dun edificio situado no barrio do Pino, na estrada de Vigo.

Devane é un artista urbano nado en Ourense que utiliza o spray como principal ferramenta en todo o seu traballo artístico desde o ano 2003. De profundas raíces graffiteiras, comeza pola vella escola, explorando distintas posibilidades a través de formas, letras… pero a implacable procura dun estilo propio lévalle cara a unha marcada etapa cuxa obra adquire un carácter realista. Actualmente a súa pintura céntrase na realización de retratos a través dun estilo fotorrealista e monocromático. Traballa sobre grandes formatos, onde se magnifica cada detalle, buscando transmitir miradas que conten cousas, vidas, tradicións e historias. Desde o ano 2016, participa en gran número de eventos e festivais de arte urbana por todo o mundo. En marzo pasado inaugurou a exposición “As Estrelas do Camiño” comisariada pola cervexeira Estrela Galicia, unha enorme galería artística, con máis de 140Km de percorrido ao longo do Camiño Francés que cobre as 7 etapas que van desde O Cebreiro ata Santiago de Compostela.

Foto: NBQ Fest