Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou este mediodía, acompañado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e de diferentes representantes institucionais da cidade e provincia, o remate das obras da Estación Intermodal e da súa contorna, un investimento de 9 millóns de euros financiados pola Xunta -e polo ADIF, que cofinanciou o aparcadoiro subterráneo-.

Durante a visita puideron comprobar as novas dotacións ao servizo dos viaxeiros -zona de espera, despachos de billetes, consignas, aparcadoiro subterráneo, zona de dársenas-, así coma o proxecto de humanización -con frases de Vicente Risco esparexidas ao longo da terminal- e a fonte termal.

O alcalde salientou, na súa intervención, que é unha infraestrutura que a cidade de Ourense leva décadas esperando, especialmente no barrio da Ponte. Porén, “estas infraestruturas que veñen non poden colmarnos, nin matar a nosa ambición, nin perder a perspectiva”, dixo. “De momento, Ourense é unha cidade Cenicienta, e recibimos menos que outras cidades cunha poboación proporcional”, dixo, “agardamos que isto poida cambiar no futuro”.

O presidente da Xunta, pola súa banda, salientou o compromiso da Xunta de Galicia con Ourense, cumprindo todos os acordos. Neste sentido, botou en falta o mesmo compromiso por parte do goberno central co remate da estación de tren. “Ourense debe ser a entrada do AVE de Galicia”, dixo.

No seu discurso, Núñez Feijóo felicitouse pola conexión que lle facilita esta nova infraestrutura á cidadanía, destacando que existe un mapa de transporte público por estrada que permite que se poida viaxar desde calquera aldea a unha das sete grandes cidades e todas estas entre si.

Da nova estación, cunha superficie de 7.300 m2, sairán máis de 70.000 expedicións anuais con 265.000 viaxeiros.