Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

A Concellería de Infraestruturas iniciará este xoves as obras de acondicionamento da rede viaria nas rúas Castro Canseco, Mateo de Prado e Xoán Pérez Villaamil, na fronteira entre os barrios do Couto e de Vistafermosa. A superficie de actuación alcanza as 2.997,30 m2 e un investimento de 48.105,04 euros.

O Concello realizará obras de mellora e acondicionamento do firme na avenida Pardo de Cela, na rúa da Rabaza e nun tramo de Nosa Señora da Saínza, e na OU-506, até o cemiterio de Velle.

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, iniciará este mércores, 28 de outubro, as obras de acondicionamento de firme das rúas Xoán de Novoa e Bierzo.

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense inicia este luns, 28 de setembro, os traballos de acondicionamento e mellora dun noiro (*) na rúa J, do barrio de Seixalbo.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, proporalle ao Pleno do Concello a adquisición dun edificio na Praza do Trigo -número 3, na esquina coa rúa San Quintín- para reforzar o funcionamento dos servizos municipais.

O Concello de Ourense rematou a execución das obras de acondicionamento do firme da rúa de Francisco de Moure, unha das principais vías do barrio do Couto.

Rúa de Castelo Ramiro

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, comezará este martes, 15 de setembro, as obras de acondicionamento de firme en varias rúas do barrio da Carballeira: Martínez Sueiro, Nicomedes Pastor Díaz e Castelo Ramiro. As actuacións centraranse no fresado e reposición de firme, e teñen un orzamento de 47.993,13 € e un prazo de execución de catro días.

Plano das obras en Francisco de Moure

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense iniciará o mércores, 26 de agosto as obras de acondicionamento do firme da rúa de Francisco de Moure

Praza Maior

O Concello de Ourense creará un carril bici que percorrerá a cidade de Norte a Sur, desde a estación de ferrocarril da Ponte até Mariñamansa.

Visita do alcalde á rúa de Vasco Díaz

O alcalde e o tenente de alcalde do Concello de Ourense visitaron esta mañá o barrio de Mariñamansa, onde se estuda o emprazamento de novos elementos de mobilidade vertical para axudar á mobilidade no barrio.