Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

A Concellería de Infraestruturas acolleu unha primeira reunión para iniciar un proceso de participación cidadá para a mellora da accesibilidade, a calidade ambiental e a mobilidade na cidade. Durante o proceso quérese tamén pacificar o tráfico e integrar a bicicleta no casco urbano de Ourense.

A reunión celebrouse a tenor das conclusións da Mesa da Mobilidade do Concello de Ourense, e estivo integrada por todos os grupos políticos con representación no Concello de Ourense (o concelleiro José Araújo, por parte do Partido Popular; Manuel Álvarez, de Democracia Ourensana; Javier Rey do Partido Socialista e Martiño Vázquez, de Ourense en Común), ademais de por técnicos das áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas e as representantes da Consultoría de Arquitectura e Urbanismo Urba+, autoras do plan inicial.

Nesta primeira xuntanza do grupo de traballo propuxéronse aspectos coma a forma de implicar a diversos e diferentes colectivos cidadáns, o calendario de actuacións, as fases de traballo ou a importancia de seguir contando coa Mesa da Mobilidade en todo o proceso.