Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O novo contrato de subministración eléctrica do Concello de Ourense, adxudicado mediante procedemento aberto ás ofertas económicas máis vantaxosas e que cumprían cos criterios definidos dos pregos de condicións, suporán un aforro anual de máis de 800.000 euros para as arcas municipais.

A adxudicación, aprobada esta mañá pola Xunta de Goberno Local, inclúe os edificios administrativos e as rúas e "realízase en 4 lotes por un valor total de 2.690.621,72 euros”, relataba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, en rolda de prensa. “Na actualidade estaba xerando un gasto superior aos 3,5 millóns de euros”, dixo.


O lote 1 é adxudicado a Watio Wholesale S.L. por un importe total de 1.029.510,29 € (impostos engadidos), e os lotes 2, 3 e 4 son para Aura energía, s.l, por importes de 451.458,45 € (o lote 2), 638.993,59 € (o lote 3) e 570.659,36 € (o lote 4).

O prezo total de adxudicación dos 4 lotes é 2.690.621,72 euros.

A diferenciación en catro lotes correspóndese a súa diferente potencia eléctrica.