Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Os traballos de reposición de lousas e de pavimento no centro histórico de Ourense, logo de actuar nas rúas San Francisco e da Unión, chegan agora á contorna da praza das Mercedes. A partir do luns, 10 de xuño, e durante toda a semana, o Concello pechará o acceso de vehículos nos accesos á praza. Colocaranse valados para impedir o tráfico, que permanecerán até a finalización das obras, prevista para o vindeiro venres, 14 de xuño.

Durante a realización das obras de reposición, os peóns poderán seguir transitando por esta rúa de acceso ao centro histórico da cidade. Desde o Concello de Ourense prégaselle comprensión á cidadanía no período que duren estas actuacións, e desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.

As liñas vermellas da imaxe correspóndense cos valados para interromper o tráfico de vehículos.