Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Miguel Caride tamén avanzou a próxima execución das obras de remodelación dos pasos debaixo das vías do ferrocarril nas rúas de Tarascón e Ramón Puga, que executarán o Concello e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), para as que nun breve prazo se prevé asinar o convenio de colaboración entre ambas administracións, e da rúa dos Remedios, neste caso por

parte do Concello, onde tamén se realizará unha ampla remodelación, máis aló da intervención urxente e provisional, recentemente reaizada no vial.
Miguel Caride informou destes proxectos, a preguntas dos xornalistas, na rolda de prensa na que deu conta dos 19 asuntos tratados na sesión desta mañá da Xunta de Goberno Local. Entre eles, a convocatoria dos premios Risco de Creación Literaria e Cidade de Ourense de Poesía, dotados con 6.000 euros en cada un. No ámbito da Educación, tamén se aprobaron as bases e a convocatoria dos Premios do undécimo Certame de Cinema OUFF Escola, que repartirá 3.000 euros en premios.