Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense iniciará o luns, 13 de xullo, traballos de rehabilitación de varandas nas rúas de Carriarico, Vila Valencia, Pura e Dora Vázquez, Fonte do Bispo, Clara Campoamor e na parte traseira da Avenida de Portugal, situadas no contorna do Parque de Barbaña.

As actuacións incluirán labores de cepilladura con arame, lixado ou chorreado con máquina a presión e a aplicación dunha imprimación antioxidante e de dúas mans de pintura. Tamén se levarán a cabo os traballos de soldadura e reparación naqueles tramos danados.

O orzamento de adxudicación dos traballos ascende a 16.784,69 euros. Comezarán o luns, 13 de xullo e prolongaranse durante as próximas 5 semanas.