Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O Concello apoia a celebración do primeiro Salón Ecolóxico do Automóbil de Galicia, iniciativa dos concesionarios ourensáns

Varanda na rúa de Carriarico

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense iniciará o luns, 13 de xullo, traballos de rehabilitación de varandas nas rúas de Carriarico, Vila Valencia, Pura e Dora Vázquez, Fonte do Bispo, Clara Campoamor e na parte traseira da Avenida de Portugal, situadas no contorna do Parque de Barbaña.

Depuradora de Reza

A recente resolución final da convocatoria (CE-FNR-17-2020) sobre novos modelos de xestión de cidades baseados na economía circular do Programa Horizonte 2020, o maior programa de investigación e innovación na Unión Europea, tivo como resultado o financiamento dun único proxecto, que contará con participación galega. En concreto trátase do proxecto HOOP: Plataforma de hub de cidades circulares impulsora de investimentos para a valorización dos residuos orgánicos urbanos e as augas residuais.

O Concello votará no pleno unha modificación de crédito para dispor de 20 millóns de euros para o plan de obras.

Barrio das Lagoas

O Concello de Ourense construirá un aparcadoiro disuasorio de 600 prazas na rotonda das Lagoas, moi preto do centro da cidade. Un proxecto “moi necesario” sinala o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, xa que permite “dar resposta ás necesidades que existen nesa zona. Trátase dunha actuación que forma parte do plan de investimentos por importe de 50 millóns de euros anunciado polo grupo de goberno municipal, que ten como obxectivo “reactivar a económica no Concello ante a situación provocada polo COVID-19”, comenta o rexedor.

Foto

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, deu a coñecer esta mañá que, o plan de obras que desenvolverá o Concello de Ourense e que mobilizará 50 millóns de euros na cidade incluirá “unha obra absolutamente emblemática no barrio da Ponte”. O barrio con maior número de habitantes da cidade, contará co parque máis grande do centro urbano de Ourense con 18.000 metros cadrados, que superará a extensión de espazos públicos como o Parque de San Lázaro, que ten 7.000, o Xardín do Posío, de 14.000 ou o Parque Miño 17.000 metros cadrados.

Rúa de Lugo

O Concello de Ourense iniciará este xoves, 12 de marzo, á primeira hora da mañá, traballos de acondicionamento e mellora do firme en tres rúas ao redor do Xardín do Posío: Lugo, José Ramón Fernández Ojea “Ben-Cho-Shey” e Galicia. Acondicionaranse tamén os pozos, arquetas e rexistros situados na vía, e pintaranse despois as marcas viarias. Os traballos de asfaltado rematarán o venres, 13 de marzo, e a circulación de vehículos poderá restablecerse a partir do sábado.

A Policía Local vixiará a zona e amosará as posibles alternativas ás persoas residentes e usuarias da vía. En función da densidade de tráfico, valórase tamén a necesidade de realizar algunhas tarefas en horario nocturno.

O orzamento das actuacións é de 48.299,26 euros, IVE incluído.

Rúa da Concordia

O Concello de Ourense licitará este ano a remodelación da rúa da Concordia, despois dos bos resultados da recente restrición ao tráfico de vehículos. Así o avanzou o concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, quen avanzou que o Concello ultima a elaboración dun proxecto completo de remodelación e posta en valor do vial, ao que se destinará un investimento de preto de 3 millóns de euros. A intervención incluirá a renovación da rúa en superficie, que terá plataforma única, a instalación de ramplas mecánicas que faciliten o tránsito peonil nesta rúa de elevado desnivel e a instalación de novo mobiliario urbano. Tamén se renovarán os servizos, como os de abastecemento e saneamentos de auga. O obxectivo: reforzar o atractivo da rúa e o seu potencial como rúa comercial.

Rúa dos Remedios

O Concello de Ourense pechará ao tráfico esta fin de semana a rúa Remedios entre as interseccións coas rúas Juan de Anges e Velázquez, incluíndo o cruzamento con Prego de Oliver, para efectuar reparacións puntuais, de carácter provisional e urxente mentres se ultima a tramitación para licitar a súa reparación integral, na que se acometerá tamén a renovación das beirarrúas.

O corte será efectivo desde o venres, 7 de febreiro, até o luns 10, xa que a solución de formigón precisa repouso durante un mínimo de dous días para darlle cohesión ao lousado, que actualmente se atopa danado e dificulta o tráfico rodado e a seguridade dos vehículos.

A Policía Local colocará avisos nos accesos ás diferentes rúas que se vexan afectadas, e o Concello de Ourense solicita comprensión aos veciños e afectados polos cortes que provoquen estas obras.

Rúa da Concordia

A rúa da Concordia será de acceso restrinxido a vehículos desde finais de mes. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanzou que con esta medida perséguese dar un paso adiante decisivo para mellorar a mobilidade peonil na cidade, avanzar na pacificación do tráfico e promover un modelo de cidade que lle dea prioridade ao tránsito peonil fronte ao de vehículos. Así, a rúa deixará de recibir o tráfico ordinario de vehículos máis alá do ocasionado polas persoas usuarias das prazas de garaxes e aparcadoiros públicos existentes. Os restantes vehículos deberán circular por itinerarios alternativos de forma que, quen chegue á glorieta de Progreso con Concordia, deberá desviarse pola rúa Xoán XXIII.