Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Concello de Ourense

Ourense mellora paseos peonis e zonas verdes dos ríos Barbaña e Barbañica cun obradoiro de emprego cofinanciado por Concello e Xunta

Preesntación do proxecto

A Alameda do Cruceiro será obxecto da próxima actuación do plan de investimentos municipal. O día 5 de febreiro comezarán as obras de remodelación do parque infantil, unha actuación longamente demandada polo movemento veciñal, e que veñen de ser adxudicadas por un importe de 460.000 euros por parte do Concello.

Logo Móvete por Ourense

O deseñador gráfico e arquitecto Iago Nóvoa gaña o concurso para a imaxe do proceso 'Móvete por Ourense'. Presentáronse un total de 18 propostas. Atendendo a criterios de orixinalidade, creatividade, estética e versatilidade para potenciar os valores do proceso, a imaxe presentada por Iago Nóvoa, deseñador gráfico e arquitecto, foi a elixida por unanimidade da comisión técnica. O novo logo será empregado para desenvolver todas as campañas de mellora da calidade ambiental, mobilidade, pacificación do tráfico e integración da bici no centro urbano de Ourense.

Jesús Vázquez e José Araújo supervisan a obra.

O Concello de Ourense está a dar cumprimento a unha histórica reivindicación dos veciños de Santa Cruz de Arrabaldo: o acondicionamento do camiño que une o núcleo de Os Campos coa estrada N-120.

Visita ás obras do acceso a Rabo de Galo

O 26 de xuño comezaron as obras de acceso a Rabo de Galo desde a estrada N-525 (o acceso é o que está situado en sentido Madrid da circulación).

CONSTITUCION DO GRUPO MOTOR
Ábrese a convocatoria pública para a constitución do grupo motor, dende hoxe día 12 de xuño ata o 25 de xuño poderás enviar o formulario de inscripción do grupo motor que atoparás a continuación.

Unha vez cumprimentado envíao por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou preséntao nas oficinas de Urba+ en Rúa do Paseo nº 26, 1º A. 32003. Ourense (horario de mañá de luns a venres de 9:30-13:30)

Logo do proxecto

O Concello de Ourense continúa a desenvolver o Proceso de Participación Cidadá "Móvete por Ourense", para implicar á cidadanía na mellora da mobilidade, a pacificación do tráfico, a mellora da calidade ambiental e a integración da bici na nosa cidade.

Ourense conta cun PLAN DE MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE (PMUS) aprobado no ano 2012 no cual non se incluía ningún proceso de Participación Cidadá. No ano 2015 constitúese unha mesa de traballo, denominada "Mesa Municipal da Mobilidade" co fin de proceder a analizar qué aspectos revisar do Plan de Mobilidade aprobado.

Logo do proxecto

O Concello de Ourense inicia un Proceso de Participación plural, aberto a toda a cidadanía, co obxectivo de corresponsabilizar aos cidadáns na mellora da calidade ambiental, da mobilidade, da pacificación do tráfico e a integración da bici no centro urbano de Ourense. Será un proceso continuo de: información-formación, análise e participación por medio de consultas e debates sobre os contidos, aberto nas diferentes fases de elaboración dos traballos; e cunhas conclusións e opinións finais sobre os devanditos contidos.

Logo Móvete por Ourense

O Concello de Ourense inicia un Proceso de Participación plural, aberto a toda a cidadanía, co obxectivo de corresponsabilizar aos cidadáns na mellora da calidade ambiental, da mobilidade, da pacificación do tráfico e a integración da bici no centro urbano de Ourense. Será un proceso continuo de: información-formación, análise e participación por medio de consultas e debates sobre os contidos, aberto nas diferentes fases de elaboración dos traballos; e cunhas conclusións e opinións finais sobre os devanditos contidos.