Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Limpeza Viaria

Áreas

Imaxe da instrución técnica

O Concello de Ourense apela á colaboración cidadá e dicta unhas instrucións técnicas para a xestión de residuos e limpeza durante o período de estado de alarma provocado pola pandemia do coronavirus COVID19.

O documento, elaborado pola Concellería de Medio Ambiente e Limpeza, enumera indicacións concretas para a xestión dos diferentes tipos de residuos, lembra a importancia, neste momento máis ca nunca, de realizar a separación doméstica de residuos para a súa recilaxe, así como de tirar o lixo en bolsas pechadas e usar os contedores axeitados.

As instrucións explican como xestionar os residuos domésticos procedentes de fogares con persoas illadas ou en corentena (usando 3 bolsas pechadas para xestionar os residuos), ao tempo que lembra que nin estes residuos nin os equipos de protección se poden botar a contedores de recollida selectiva, senón ao de restos, e nunca abandoalos na contorna. O documento tamén realiza recomendacións específicas para as persoas con animais de compañía

“Todos os esforzos de cada día deben centrarse na sáude de todos”, asegura o tenente de alcalde e concelleiro de Limpeza, Jorge Pumar, quen explica que “por ese motivo emitimos esta instrución, coa fin de informar das medidas sanitarias que esta nova situación nos obrigan”. Neste senso, incide Pumar Tesouro: “Isto parámolo entre todos, sendo cívicos, responsables e respectuosos cos demais, cumprindo as normas establecidas”.

  • Residuos domésticos procedentes de fogares con persoas illadas / en corentena polo COVID-19.Colocar un cubo de lixo na habitación ou espazo de confinamento, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, cunha bolsa dentro para recoller residuos (bolsa 1) e o material desbotable. Pechala moi ben e introducila nunha segunda bolsa (bolsa 2) á saída da habitación, xunto coas luvas e con outro material usado polos coidadores. Pechala moi ben e despositala co resto de residuos domésticos (bolsa 3), no contenedor de restos. Está terminantemente prohibido depositala nos contedores de recollida separada ou abandoala na contorna.
  • Nos fogares sen positivos ou corentena, a separación seguirá como se vén facendo habitualmente. Para reducir ao máximo a fracción resto, o Concello solicita a colaboración cidadá dada a importanica de optimizar a recollida separada das distintas fraccións (papel/cartón, vidro, envases...) e depositar nos seus contedores unicamente os residuos axeitados.
  • Xestión de equipos de protección (luvas, mascarillas, etc.) Non son reciclables e non deben depositarse no contedor amarelo, senón nos contedores resto ou papeleiras máis próximas. E nunca deben tirarse ao chan, xa que poden ser foco de contaminación para as persoas.
  • O servizo de recollida de residuos e limpeza de rúas mantén as súas prestacións como antes da situación de alerta, mais agora mesmo é máis importante ca nunca o civismo na limpeza das rúas e a separación na reciclaxe, usando axeitadamente as papeleiras e contedores da cidade. As bolsas sempre deberán depositarse pechadas e dentro dos contedores. Lembra que está prohibido usar os contedores e materiais para reciclar material procedente de obras ou do sector industrial.
  • Nas instrucións, o Concello lembra tamén as medidas en materia de amimais de compañía, atendendo ás indicacións da Dirección Xeral de dereitos dos animais, e incidindo na hixiene.

Documento da Instrución Técnica (pdf)

Foto da reunión

O alcalde de Ourense en funcións e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, demándalle á empresa concesionaria da limpeza, Ecourense UTE, que durante os meses de marzo e abril realice un plan intensivo de limpeza de beirarrúas nas rúas máis concorridas da cidade. O programa desenvolverase en 14 rúas, atendendo as comerciais e as turísticas, así coma as de paseo para os ourensáns e visitantes.

Mapa coas rúas nas que se traballará esta semana

Cinco rúas do barrio das Camelias serán obxecto mañá, mércores, 28 de agosto e pasado mañá, xoves, 29, do Plan de limpeza intensiva dos barrios da cidade que desenvolven o Concello de Ourense e a empresa concesionaria Ecourense. Serán, concretamente o segundo tramo da rúa das Camelias (até a Avenida de Portugal), as rúas Gaiteiro, Fiadeiro e Zanfona e a Praza do Magosto. 

Cartel das rúas afectadas

O plan de limpeza intensiva dos barrios da cidade que desenvolven o Concello de Ourense e a empresa concesionaria Ecourense chegará mañá, martes, 13 de agosto ás rúas Eladio Rodríguez, Francisco Sánchez, Antonio Jaunsarás, Pascual Veiga, Lucas Labrada, Aturuxo e Carriarico, no tramo entre Irmáns Xesta e Aturuxo.

Plano das rúas afectadas

O plan de limpeza intensiva dos barrios que desenvolven o Concello de Ourense e a empresa concesionaria Ecourense chegará o mércores, 7 e o xoves, 8 de agosto ás rúas Camiño Pousada, Irmáns Xesta, Fernández Bordas e Meco.

Jesús Vázquez coñece de primeira man o estado dos contenedores soterrados

O concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, deulle entrega aos grupos políticos da documentación técnica e valoración económica de ambas alternativas: poñelos en funcionamento con arranxos acorde aos mínimos legais esixibles (367.873,16 euros) ou ben poñelos en funcionamento coa substitución completa dos mecanismos para recollida selectiva, así como o arranxo dos restantes (1.028.280,93 euros)

Presentación da campaña de reciclaxe cos Reis Magos

O Concello de Ourense e a empresa concesionaria do servizo de limpeza na cidade Ecourense poñen en marcha a campaña “En Ourense presumimos dun Nadal Ecolóxico" cun programa de actividades divulgativas e de sensibilización para fomentar boas prácticas na xestión de residuos e que veciños e veciñas depositen o lixo nos contedores axeitados, e colaboren coa reciclaxe, a reutilización e a redución de residuos.

Información sobre os Puntos limpos e demais servizos orientadados á recollida de residuos domésticos...

Información especifica do Punto Limpo Móvil...