Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Limpeza Viaria

Áreas

O plan de limpeza intensiva dos barrios que desenvolven o Concello de Ourense e a empresa concesionaria Ecourense chegará mañá, mércores, 7 de agosto ás rúas Camiño Pousada, Irmáns Xesta, Fernández Bordas e Meco.

Durante dúas xornadas desenvolveranse accións de limpeza, de beirarrúas, zona peonís, bordos, calzadas, recollida de resiudos, alcorques, parques, zonas verdes e de xogos de demais espazos públicos, así como de limpeza de sumidoiros e enreixados e eliminación de pintadas, cartelería, adhesivos, etc.

O Concello de Ourense e a empresa Ecourense solicita a colaboración da veciñanza, e roga que desculpe as molestias que poidan ocasionar os traballos, que requirirán que as rúas afectadas terán o estacionamento restrinxido.

O Plan de limpeza intensiva dos barrios da cidade, que comezou a semana pasada nas rúas Parada Justel, Reza e Doutor Fleming, continuará a semana próxima (martes, 13 de agosto), nas rúas Eladio Rodríguez, Francisco Sánchez, Antonio Jaunsarás, Pascual Veiga, Lucas Labrada, Aturuxo e Carriarico.