Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Limpeza Viaria

Áreas

O plan de limpeza intensiva dos barrios da cidade que desenvolven o Concello de Ourense e a empresa concesionaria Ecourense chegará mañá, martes, 13 de agosto ás rúas Eladio Rodríguez, Francisco Sánchez, Antonio Jaunsarás, Pascual Veiga, Lucas Labrada, Aturuxo e Carriarico, no tramo entre Irmáns Xesta e Aturuxo.

Durante dúas xornadas, desde o martes, 13 ás 23:00h até o mércores, 14, ás 13:00h, desenvolveranse accións de limpeza, de beirarrúas, zona peonís, bordos, calzadas, recollida de resiudos, alcorques, parques, zonas verdes e de xogos de demais espazos públicos, así como de limpeza de sumidoiros e enreixados e eliminación de pintadas, cartelería, adhesivos, etc.

O Concello de Ourense e a empresa Ecourense solicita a colaboración da veciñanza, e roga que desculpe as molestias que poidan ocasionar os traballos, que requirirán que as rúas afectadas teñan o estacionamento restrinxido.

O Plan de limpeza intensiva dos barrios da cidade desenvólvese cada semana os mércores e xoves, mais esta vez adiántase a martes e mércores porque o xoves, 15 de agosto, é festivo.

O Plan continuará os días 21 e 22 de agosto no seguinte tramo da rúa Carriarico (desde a rúa Aturuxo até a Avenida de Portugal), Camelias, Ponte Pelamios e rúa Estreita.