Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Limpeza Viaria

Áreas

O Concello de Ourense reforza ao máximo o servizo de limpeza viaria da cidade. O tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Limpeza e Perímetro Rual, Jorge Pumar, demandoulle á empresa concesionaria do servizo de limpeza, Ecourense, que nestas circunstancias de emerxencia sanitaria mobilice nas rúas todas a súa maquinaria -camións cisterna, hidrolimpadores, lavabeirraúas e fumigadoras- e realice unha reestruturación dos servizos. Así, desde hoxe, reforza ao máximo o servizo de limpeza con auga nas rúas -baldeos e pistolas de alta presión- e incorpora un desinfectante con base de hipoclorito sódico que ten efecto viricida. Ecourense confirmou que implementa desde hoxe mesmo as medidas solicitadas.


“Quero agradecer moi encarecidamente o traballo exemplar que están a realizar o conxunto de traballadores e traballadoras do servizo municipal de limpeza, nuns momentos tan complicados para todos e todas”, sinala Jorge Pumar.

A reestruturación ten como premisa reducir os varridos manuais para dar prioridade aos que se realizan con auga -baldeos e eliminación de manchas e olores con pistola de alta presión-. Estes labores realizaranse diariamente polas rúas da cidade e intensificaranse nas contornas de tendas de alimentación, farmacias, estancos, gasolineiras e quioscos. Tamén se reforza o lavado e desinfección de contedores en xeral.

Medidas. Detalle das medidas que se implementan no servizo:

  • Reforzo máximo do servizo de limpeza viaria ordinario con baldeos manuais.
  • Baldeos mecánicos con camións cisterna a alta presión.
  • Baldeos con hidrolimpadoras -pistolas de alta presión-.
  • Fregados con máquinas decapadoras a alta presión.
  • Desinfeccións con fumigadoras mecánicas -carretillas fumigadoras-.
  • Desinfeccións con fumigadoras manuais -mochilas-.

En todos estes traballos utilizarase un produto desinfectante con base de hipoclorito de sodio de efecto viricida.

Para estes traballos mobilizaranse:

  • 4 camións cisterna
  • 4 vehículos hidrolimpadores
  • 2 lava beirarrúas de alta presión
  • 6 maquinas fumigadoras.

Finalmente, refórzase o lavado e desinfección de contedores en xeral.