Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Limpeza Viaria

Áreas

O alcalde de Ourense en funcións e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, demándalle á empresa concesionaria da limpeza, Ecourense UTE, que durante os meses de marzo e abril realice un plan intensivo de limpeza de beirarrúas nas rúas máis concorridas da cidade. O programa desenvolverase en 14 rúas, atendendo as comerciais e as turísticas, así coma as de paseo para os ourensáns e visitantes.

Jorge Pumar subliña que esta aposta está na liña de traballo iniciada o pasado verán co plan intensivo de limpeza de rúas e as distintas actuacións en materia de sensibilización cara á reciclaxe, coma o servizo porta a porta de recollida de cartón e embalaxes. “A limpeza da cidade é un labor compartido onde administración e veciños debemos ser responsables e actuar en conxunto”, di.

Os traballos consistirán nunha limpeza exhaustiva de beirarrúas e pavimentos con máquinas decapadoras - fregadoras (dotadas de discos xiratorios) que utilizarán auga a presión con mestura de produtos desengraxantes e deterxentes clorados, apoiadas con pistolas hidrolimpadoras a presión para os lugares inaccesibles á máquina.

O equipo de traballo de limpeza de Ecourense prestará especial atención ás manchas provocadas polos ouriños dos animais.

As actividades realizaranse ao longo das próximas semanas en espazos temporais adecuados ao tráfico peonil. As rúas obxecto de limpeza deste plan singular serán: Curros Enriquez, Parque de San Lázaro (marxe dereita e marxe esquerda, na rúa Parque de San Lázaro), Bedoya (tramo entre Santo Domingo e Emilia Pardo Bazán), Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas”, Santo Domingo, Concordia, Cardenal Quevedo, Progreso (Tramo Alameda- Concepción Arenal), Ervedelo, doutor Fleming e Parada Justel