Limpeza Viaria

Sede da área de Limpeza Viaria

Praza de San Martiño nº 2, baixo Centro Histórico Ourense (32005)

Teléfono: 988 388 142

Horario: de 8.30h a 14.30h

Seccións

A continuación amósase unha listaxe de seccións que compoñen esta área. Podes obter máis información premendo sobre cada unha das seccións:

Puntos limpos no  Concello:

  • Punto Limpo -  As  Eiroás, situado na Estrada Vilar dás tres, s/n
  • Punto Limpo - Sta. Mariña do Monte, situado en Sta Mariña (Tras cemiterio), s/n
  • Punto Limpo Móbil.

Horario dos puntos limpos:

  • De luns a venres:
    • mañás de 10 h a 14 h.
    • tardes de 16 h a 19 h.
  • Sábados: de 9 h a 14 h.

Información sobre o Punto Limpo Móbil:

O Punto  Limpo Móbil, é unha das melloras incluídas no novo Servizo de Xestión de Residuos e Limpeza de Ourense. O Punto Limpo Móbil  as caracteriza pola súa versatilidade en admitir unha ampla gama de residuos nos seus  seus diferentes compartimentos, feito que permite ser unha excelente ferramenta nos núcleos urbanos.

Coa posta en marcha do Punto Limpo móbil o  Concello de Ourense pon ao alcance da cidadanía unha iniciativa que permite reciclar todos os pequenos residuos xerados no fogar que non sabemos como eliminar, sen necesidade de desprazarse a un punto limpo fixo.

Podemos levar ao momento limpo móbil aqueles pequenos residuos domésticos:

  • Aparellos eléctricos e electrónicos
  • Pilas
  • Mobles e residuos voluminosos domésticos
  • Papel e cartón
  • Radiografías
  • Restos de Pintura, tintas e disolventes
  • Aerosois
  • Lámpadas e tubos fluorescentes
  • Vidreo plano
  • Aceite usado de automoción
  • Roupa e calzado
  • Madeiras
  • Metais
  • Aceite usado vexetal

Localizacións do punto limpo móvil (pdf)


Máis información sobre estes servizos:

Ecourense UTE, a empresa concesionaria do Servizo de Limpeza Viaria, Recollida e Transporte de Residuos Sólidos Urbanos no Concello de Ourense, encárgase de xestionar os Puntos Limpos no Concello, así como da recollida de residuos domésticos.  Os seus datos de contacto son: