Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Cartel do proxecto educativo

A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración co grupo Big Van Ciencia, lanza un novo proxecto educativo online coa fin de axudar as familias e divertir os nenos aprendendo. O proxecto tamén aposta por ofrecer recursos de educación científica en liña para reforzar os procesos educativos e seren un elemento de axuda para os educadores da nosa cidade.

Para Jorge Pumar esta idea xorde cun dobre obxectivo: “Servir de axuda para os pais, nestes días tan difíciles e, á vez, divertir os máis pequenos da casa cunha actividade entretida e educativa”. “As vocacións científicas e o respecto polo medio ambiente deben ser, máis que nunca, o centro do meu traballo no Concello”, asegura o concelleiro de Medio Ambiente e tenente de alcalde.
Cada xoves, lanzaranse un novo programa onde a ciencia e o humor se unen para entreter e divertir a toda a familia. A actividade poderá visualizarse, en aberto e de forma gratuíta, na canle de Youtube da Concellería de Medio Ambiente. Ao principio coñeceremos os personaxes e, posteriormente, aprenderemos conceptos chave de ciencia á vez que experimentamos con obxectos e líquidos que temos na casa.
Cada semana exporase, xunto co vídeo, un reto científico para realizar en familia e para que os máis pequenos da casa o resolvan, se graven explicando como o fixeron.

Para Jorge Pumar, “este tipo de actividades tentan darlles resposta ás necesidades cambiantes propias dunha situación de crise sanitaria coma a que estamos a vivir. É, ademais, unha ferramenta excelente para educadores, pais e nais que queiran compartir espazos de ciencia e diversión cos seus pequenos”.

Máis información en:

Parque pechado

O Concello de Ourense, tendo en conta o escenario de excepción que se está a producir coma consecuencia da pandemia declarada pola Organización Mundial de la Salud con relación a o Coranovirus (COVID-19), e tendo en conta a declaración de emerxencia sanitaria da Xunta de Galicia e a declaración do estado español da situación de alerta nacional, pechou as zonas de xogos infantís e activa medidas excepcionais de limpeza, a través dunha providencia asinada polo tenente de alcalde e concelleiro responsable de Limpeza, Medio Ambiente e Perímetro Rural, Jorge Pumar.

Foto da presentación do proxecto

O tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, e a concelleira de Facenda, Ana Morenza, visitaron esta mañá a rúa de Arias Páez, onde se están a realizar actuacións que teñen como finalidade mellorar a accesibilidade coas rúas da contorna. “Actualmente presentan limitacións de acceso para persoas con mobilidade reducida”, asegura Pumar, quen adianta que obras coma esta “son unha clara aposta apolos barrios, unha cidade accesible xera igualdade para os seus habitantes”.

Parque de Rairo

O alcalde en funcións e concelleiro de Medio Ambiente e Perímetro Rural, Jorge Pumar, visitou esta mañá o parque rural de Rairo, que foi obxecto de obras de mellora e posta en valor por parte do Concello cun investimento de 16.553,09 euros. As obras pretenden darlle resposta ás demandas que lles trasladou ao Concello a veciñanza do barrio e se enmarcan no obxectivo do goberno municipal de “dar resposta ás demandas da veciñanza e ás parroquias do rural, que son un compromiso de mandato, actuando nas zonas que o precisan”, asegura o alcalde en funcións.

Foto da reunión

O tenente de alcalde do Concello de Ourense e responsable da área de Medio Ambiente e Perímetro, Jorge Pumar, reuniuse esta mañá cos representantes da Federación Limiar, da Agrupación Miño e coa representante das asociacións non federadas do rural para presentarlles +Rural, un plan participativo de actuacións e de obras no rural que pretende darlles resposta ás necesidades máis prioritarias dos seus veciños. Jorge Pumar ten claro cal ten que ser a máxima que rexa este plan: “Debe ser un plan que parta dos veciños e que remate nos veciños, verdadeiros usuarios dos espazos rurais. Ten que ser un plan de abaixo cara arriba”, afirma.

Obradoiros de Montealegre

O Concello de Ourense ofrece seis obradoiros gratuítos para o primeiro trimestre no Parque de Montealegre. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, convida a todos os ourensáns “a coñecer o parque botánico e a participar nas actividades, accións formativas para fomentar o coidado da natureza e promocionar o espazo verde e de lecer máis grande da cidade”. Como vén sendo habitual, celebraranse os sábados ás 15:00 horas -público adulto- e os domingos ás 11:00 horas -público infantil, maior de 6 anos-. Todos os obradoiros son completamente gratuítos, pero será preciso anotarse no espazo web Botánico de Montealegre para o control do aforo, que será de 15 persoas.

Cartel da exposición

O Concello de Ourense proponse organizar a primeira exposición participativa sobre a historia do Xardín do Posío, motivo polo cal solicítalles aos veciños a súa cooperación co fin de solicitar información sobre a historia do Posío, parque para moitos ourensáns de referencia da súa infancia. Para Jorge Pumar, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente “esta acción é un paso máis no desenvolvemento do novo proxecto do xardín e unha nova demostración da miña determinación para que o proxecto xurda de maneira participativa”.

Foto da reunión

O Centro de Iniciativas Empresariais acolleu hoxe unha xuntanza para constituír o grupo de traballo para o desenvolvemento da reforma integral do Xardín do Posío. O obxectivo era o de crear un foro no que os veciños poidan ter voz e converter este traballo nun proxecto colaborativo e participativo cuxo resultado final sexa un parque atractivo e cómodo para toda a cidade.

Rúa do Portalón, Reza

O Concello de Ourense aprobou esta mañá, en xunta de goberno local, os trámites para contratar as obras de arranxo dos danos ocasionados nun vial da rúa Portalón - 14, en Reza, debidos ás inclemencias climatolóxicas que afectaron a cidade a comezos do mes de decembro. O expediente, tramitado pola Concellería de Perímetro Rural por vía de emerxencia -establecida no artigo 120 da Lei 9/2017 do 8 de novembro, Lei de Contratos do Sector Público-, permitirá dispoñer de 132.012,18 euros (IVE incluído) necesarios para as obras de reposición do muro e do vial.

Así mesmo, adxudícaselle á empresa mercantil Consultora Inrupre SL, autora da memoria técnica que serviu de motivación para o expediente de reconstrución, a asistencia técnica para a dirección de obra e para a coordinación da seguridade e saúde por un importe de 5.505 €, IVE incluído.

O temporal provocou o corte da rúa Portalón á altura do número 14, co perigo de derrubamento sobre unha vivenda. Na visita á zona, acompañado de técnicos municipais, o concelleiro de Perímetro Rural, Jorge Pumar asegurara que se buscaría “a máis rápida e eficaz solución ao problema”.

Novos contedores en Sáenz Díez

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar asistiron esta mañá á posta en funcionamento da nova illa de contedores soterrados instalada polo Concello na rúa de Sáenz Díez. A diferencia dos antigos contedores soterrados, estes levántanse de forma individual sen requirir levantar toda a beirarrúa.