Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Do 22 ao 24 de marzo, a piscina termal das Burgas amplía o seu horario nocturno até as 23:00 horas.

O 25 de marzo celebrarase un roteiro termal para aprender e interpretar nos valores culturais, etnográficos e naturais da auga. É unha actividade gratuíta e aberta a persoas de todas as idades. Prégase inscrición.

Tamén haberá unha carpa informativa na praza Maior, xornadas informativas no Campus de Ourense e a ponte romana contará cunha iluminación especial.

Así, o luns 19 de marzo celebrarase un importantísimo Foro Termal do Eixo Atlántico no Centro Cívico de Colón, coa presenza de representantes de diferentes lugares da eurorrexión. O martes 20 haberá unha cata de augas na ETAP das Coiñás de 12:00 a 14:00 horas. O mércores 21, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acudirán ao colexio Divina Pastora para traballar coa rapazada nunha nova sesión de Aqualoxía, un programa que se desenvolve en colaboración con Viaqua.

Chegamos ao 22 de marzo, o Día Mundial da Auga, data na que se instalará unha carpa (de 9:00 a14:00 horas) con obradoiros e xogos ao redor da auga na praza Maior. A partir das 10:00 horas, no Campus de Ourense, celebrarase a Xornada de portas abertas do Campus da Auga. Esa mesma noite iluminarase a ponte maior de cor azul para conmemorar a efeméride.

Do 22 ao 24 de marzo (de xoves a sábado) poderemos gozar do horario ampliado na piscina termal das Burgas, que permanecerán abertas até as 23 horas. “Coido que poucas experiencias hai tan pracenteiras nesta cidade como darse un baño termal pola noite. “, reflexionaba o rexedor.

Roteiro Termal: Ao redor das augas. O domingo 25 de marzo realizarase unha andaina especial polo día da Auga. Quéreselle achegar á cidadanía a posibilidade de descubrir e aprender máis sobre as augas a través dun roteiro interpretado para pór en valor todos os elementos culturais, etnográficos e naturais.

A saída farase desde a Ponte Vella (esquina Ribeiriño) ás 10:00 horas, e percorreranse as marxes peonís do río pasando pola Chavasqueira, a fonte do Tinteiro, o Muíño da Veiga e Outariz. Ao remate do paseo, o tren das Termas estará agardando polos participantes no roteiro (billete non incluído).

A actividade é gratuíta e aberta a persoas de todas as idades, e recoméndase anotarse no enderezo de correo turismo[arroba]ourense.es ou no teléfono 988.366.064. Así mesmo, aconséllase vestir calzado cómodo e vestimenta acorde co tempo, levar prismáticos e cámara de fotos, e levar auga para hidratarse e un petisco para media mañá.

Documentos