Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Saber separar os residuos que van a cada colector do lixo, ou mesmo recoñecer os diferentes tipos de plásticos susceptibles de ser reutilizados. Son algunhas das accións da campaña 'Separar con Xeito', que desenvolverá o Concello de Ourense, Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes a través dunha carpa informativa que se colocará no mercado ás beiras do río Barbaña que se celebra os días 7, 17 e 26 de cada mes.

Coordinada polo departamento de Medio Ambiente do Concello de Ourense, a primeira das accións formativas coas que quere fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plástico, envases lixeiros, papel e cartón, celebrarase este luns, 26 de agosto. Os monitores localizaranse o vindeiro luns no Parque Barbaña, en horario de 10.30 a 13.30 horas, onde informarán aos cidadáns que se acheguen a este emprazamento sobre a pautas que permitan mellorar a recollida selectiva dos residuos para favorecer a súa reciclaxe.

A campaña 'Separar con xeito' está promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, e ten por obxectivo explicar as claves da xestión sostible dos residuos urbanos -especialmente as dos contedores amarelo e azul-, así como resolver as dúbidas suscitadas aos visitantes das diferentes feiras, festas e eventos gastronómicos de toda Galicia aos que acode día a día.

A campaña desprazarase posteriormente -martes 17 de Setembro, no mesmo horario, de 10.30 a 13.30 horas- até o Campo da Feira, onde haberá unha carpa instalada nas inmediacións da Chavasqueira.

Podes consultar toda a información sobre esta campaña no Espazo web da campaña Separar con xeito