Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense súmase á celebración da Semana Europea da  Mobilidade (16 ao 22 de setembro), cun programa de actividades divulgativas e de sensibilización destinadas a concienciar sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente e os beneficios do uso de modos de transporte máis sostibles como o público, a bicicleta ou os desprazamentos a pé.

De luns a domingo densenvolveranse diferentes actividades, cunha xornada central o mércores 18, cando o Concello pechará ao tráfico de 9.30 a 21.30h a contorna do Parque de San Lázaro (rúa Curros Enríquez, desde Paseo até Habana e Concello, fronte á Subdelegación e o INSS). Este espazo acollerá diferentes actividades ao longo de todo o día. Con esta iniciativa preténdese promover unha reflexión sobre o modelo de cidade e a oportunidade de implementar medidas destinadas a favorecer o uso peonil das rúas fronte aos vehículo, e convidar a cidadanía a prescindir do coche nos seus desprazamentos en beneficio do transporte a pé. As actividades rematarán o día 22 co tradicional Día da Bici.

O Concello potencia así esta actividade, que se desenovolve coincidindo co comenzo da implantación do proxecto participativo para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade” “Móvete por Ourense”, que persegue promover un modelo de cidade na que teña menos protagonismo o coche e máis as persoas.

Transporte público gratuíto o día 18: autobuses e Tren das Termas
A Semana Europea da Mobilidade está coordinada en España polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e ten como lema este ano “Camiña con nós!”. A iniciativa xorde en Europa en 1999 e desde o ano 2000 conta coa Comisión Europea, e se celebra cada ano do 16 ao 22 de setembro realizando actividades para promocionar a mobilidade sostible e fomentar as boas prácticas.
O tema elixido este ano pola Comisión Europea está centrado en camiñar e pedalear de xeito seguro, e o lema é “Camiña con nós!” Mediante esta temática, a Unión Europea pon o foco nos beneficios que teñen camiñar e pedalear como formas de desprazamento para a nosa saúde, para o medio ambiente e para a nosa economía.