Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Infórmase aos titulares dos hortos identificados cos números 6, 7, 8, 10, 11, 12, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 24, 27, 28, 35, 42 en Montealegre e 55, 56, 57, 58, 59, 60, 61, 62, 67, 68, 69, 70, 71 en Mariñamansa, que a autorización de que dispoñen para o uso dun horto, finaliza o 9 de decembro de 2019.

Se desexan prorrogar por un ano mais deberán manifestalo por escrito presentado nas formas legalmente admitidas, dirixido á Concellería de Medio Ambiente, ou por comparecencia ante o Servizo de Medio Ambiente do Concello de Ourense, sito na Praza San Martiño 2 3º. 

O prazo para solicitar a prórroga remata o 25 de outubro de 2019, sen prexuízo de que se poida prolongar, se a tramitación do expediente o permite. 

A concesión de prórroga é requisito necesario para poder seguir dispoñendo do horto por un ano máis.