Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar asistiron esta mañá á posta en funcionamento da nova illa de contedores soterrados instalada polo Concello na rúa de Sáenz Díez. A diferencia dos antigos contedores soterrados, estes levántanse de forma individual sen requirir levantar toda a beirarrúa.

O Concello avaliará agora o funcionamento deste modelo, e o do que se instalou recentemente na rúa de Florentivo Cuevillas, de contedores semisoterrados, para elixir o máis axeitado, que se estenderá logo por toda a cidade, substituíndo as 50 illas de contedores antigas.

O alcalde avanzou que o Concello substituirá tamén todos os contedores en superficie da cidade por outros de tamaño máis reducido, dos que xa situou unha mostra nesta zona, e convidou á veciñanza a que se achegue a coñecelos, subliñando que nun radio de 50 metros, entre as rúas de Florentino Cuevillas e de Saénz Díez a poda ver os 3 modelos. Coa incorporación destes novos modelos“seremos a cidade que terá o mellor sistema de España”, asegura el alcalde.