Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Centro de Iniciativas Empresariais acolleu hoxe unha xuntanza para constituír o grupo de traballo para o desenvolvemento da reforma integral do Xardín do Posío. O obxectivo era o de crear un foro no que os veciños poidan ter voz e converter este traballo nun proxecto colaborativo e participativo cuxo resultado final sexa un parque atractivo e cómodo para toda a cidade.

Para Jorge Pumar tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, “este proxecto devolveralle á cidade o Xardín do Posío dos seus inicios”, asegura. “Un espazo que todos lembramos con agarimo e coa nostalxia dos nosos anos de infancia e que, con este proxecto, converterase nun verdadeiro pulmón verde e referente turístico da cidade”.

O novo deseño definirase baixo a máxima do consenso. É dicir, que o parque sexa de todos e para todos. Un parque que naza do diálogo entre unha administración próxima, o Concello, e os usuarios, os veciños de Ourense.

Para definir o proxecto, o Concello contratou un grupo multidisciplinar formado por expertos en materias clave: o arquitecto Roberto González Fernández; o arqueólogo Celso Rodríguez Cao; a enxeñeira agrónoma Rosa Aricia Rodríguez Romero, que é experta en paisaxismo; e o biólogo e entomólogo ourensán Vicente Rodríguez Gracia, coñecedor da flora e da fauna da ciudad, que fará as veces de asesor de forma voluntaria.

A eles debemos unirlle a voz dos veciños, que irán achegando as necesidades do día a día no relativo ao uso do parque e ás opinións e demandas dos seus usuarios.

O grupo completarase con persoal do Concello experto na materia. En concreto, polo arqueólogo municipal, José María Eguileta; a arquitecta municipal Elvira Carregado; o xefe de servizo de Medio Ambiente, Gonzalo García; o coordinador das áreas de Infraestruturas e Medio Ambiente, Ismael Méndez; e a técnica do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Centro Histórico, Laura Maté.
Para o concelleiro Jorge Pumar, “esta reforma estará baseada na sustentabilidade, apostando por un parque verde que lle gañe terreo ao cemento e no que a natureza sexa a verdadeira protagonista, evocando así as súas orixes como parque botánico”.