Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

 

O tenente de alcalde do Concello de Ourense e responsable da área de Medio Ambiente e Perímetro, Jorge Pumar, reuniuse esta mañá cos representantes da Federación Limiar, da Agrupación Miño e coa representante das asociacións non federadas do rural para presentarlles +Rural, un plan participativo de actuacións e de obras no rural que pretende darlles resposta ás necesidades máis prioritarias dos seus veciños. Jorge Pumar ten claro cal ten que ser a máxima que rexa este plan: “Debe ser un plan que parta dos veciños e que remate nos veciños, verdadeiros usuarios dos espazos rurais. Ten que ser un plan de abaixo cara arriba”, afirma.

“Este plan é moi importante para facer realidade as melloras no perímetro rural. Desde os colectivos veciñais vemos con moi bos ollos esta iniciativa e priorizaremos as necesidades de cada zona”, declaraba Manuel Mosquera, presidente da Federación de AAVV Limiar.

Lorinda Fernández, presidenta da Agrupación de AAVV Miño, sinalaba que “xa era hora de que se fixese un plan deste tipo polo rural, porque non se fixera ningunha actuación desta envergadura. Vai posibilitar moitas intervencións en moitas asociacións e en moitos barrios, e mellorará moito a calidade de vida dos veciños e das veciñas do perímetro rural e da periferia de Ourense”.

O plan +RURAL é un plan participativo onde as federacións, agrupacións, colectivos ou veciños do rural poden presentar as súas demandas ou necesidades en orde prioritaria de actuación até o 12 de marzo, cando o Concello analizará, estudará e valorará as propostas para proceder ao desenvolvemento e execución das obras ou actuacións.

“Desde a miña chegada ao cargo, os 7.635 veciños e as 17 parroquias do rural son un compromiso de mandato, por iso estamos actuando naquelas zonas máis afectadas; pero agora precisamos maior impulso e compromiso, por iso lanzamos este plan, onde os propios veciños elixen e priorizan as súas necesidades”, destaca Pumar. “As tres palabras clave son participación, compromiso e implementación”, destaca Jorge Pumar logo da reunión mantida cos representantes veciñais na concellería.