Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Fachada concello

Listaxe de planos e parcelas incluídos na rede de faixas de xestión de biomasa do Concello de Ourense.

Segundo o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa conta os incendios forestais de Galicia, as persoas que resulten responsables, consonte o artigo 21 ter procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano.
Na disposición adicional terceira da citada Lei determínanse as especies para os efectos da xestión da biomasa vexetal e da ordenación das repoboacións forestais, que son:

Pinus pinaster - piñeiro galego, piñeiro do país.
Pinus sylvestris - piñeiro silvestre
Pinus radiata – piñeiro de Monterrey
Pseudotsuga menziesii – piñeiro de Oregón
Acacia dealbata – mimosa
Eucalyptus spp – eucalipto
Calluna vulgaris – queixuga
Chamaespartium tridentatum – carqueixa
Cystisus spp – xesta
Erica spp – uz, carpaza
Genista spp – xesta, piorno
Pteridium aquilinum – fento
Rubus spp – silva
Ulez europaeus - toxo

Documentos

 

*Instruccións para realizar a búsqueda da referencia catastral:

- Realizar a búsqueda desde o navegador (puidendo utilizar "control F").

- Descargar o documento no ordenador e utilizar un visualizador de arquivos pdf que teñen a opción de búsqueda.

Parque inclusivo da Alameda do Cruceiro

Este sábado abriu a zona de xogos de auga do Parque Inclusivo da Alameda do Cruceiro, que estará en funcionamento até o vindeiro 29 de setembro. A rapazada poderá gozar da zona dos canóns, chorros, géisers e arcos de auga, todos os días entre as 18:00 e as 21:30 horas.  O Splashpad é unha proposta froito da colaboración entre os servizos técnicos municipais e unha empresa canadense líder mundial no sector. O alcalde en funcións, Jesús Vázquez, salienta que “a través desta dotación, o Concello aposta por que as nenas e os nenos combatan a calor con xogos que teñen todas as garantías de seguridade e nun espazo aberto tamén a persoas con mobilidade reducida”

Cartel da Semana do Medio Ambiente

Como cada ano o Concello de Ourense organiza diversas actividades para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o día 5 de xuño. Se realizarán actividades en diferentes puntos da cidade para concienciar a poboación en xeral e os máis cativos en particular da importancia de conservar o Medio Ambiente.

Este ano programamos actividades moi diversas nas que toda a poboación poda, en distintos puntos do municipio, estar en contacto con a naturaleza co fin de coñecela, desfrutala e protexela.

Todas as actividades son gratuitas pero nas realizadas no Parque Botánico de Montealegre é precisa a inscrición.

Listado de actividades en Montealegre en 2019

O Concello de Ourense abre o prazo para anotarse nas actividades do Parque Montealegre, unha oferta que comeza esta mesma fin de semana cos obradoiros de Mindfulness, dirixido a público adulto (sábado 25, 18:00 horas), e Hortas infantís (domingo 26 ás 11:00 horas, público de 5 a 12 anos). Todas as actividades son gratuítas. É aconsellable a preinscrición, xa que o aforo é limitado a 30 prazas, no caso das actividades para persoas adultas, e de 15, no caso das infantís. Pode facerse a través do espazo web Botánico de Montealegre ou chamando ao teléfono da Concellería de Medio Ambiente 988.388.135.

Compost doméstica

A compostaxe doméstica consolídase en Ourense como tratamento para a materia orgánica producida en vivendas unifamiliares que dispoñen de terreo no que aplicar o compost resultante. Así o acreditan os últimos resultados do programa promovido polo Concello coa colaboración de Sogama, que se ten desenvolvido, desde xaneiro de 2018, en seis asociacións veciñais (Cudeiro, Palmés, Castro de Beiro, As Termas, As Laxas e Miño).

Montealegre 2019 1S

O Concello de Ourense presentou esta mañá a as actividades do Parque Botánico de Montealegre para o primeiro trimestre do ano, unha oferta que comeza esta mesma fin de semana cos obradoiro de Compostaxe na casa (sábado 23 ás 16:00 horas dirixido ao público adulto) e Papiroflexia de animais (domingo 24 ás 11:00 horas, para público infantil).

Parque da Ponte

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradeceu o “esforzo e colaboración continua” entre o Concello de Ourense e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na rehabilitación dos parques e zonas verdes de Ourense. É o caso do Parque da Ponte, cuxa finalización está prevista para esta primavera, pero tamén de numerosas proxectos que tiveron lugar ao longo do actual mandato.

Camiño Caneiro xogos

O parque emprazado nas traseiras da rúa Camiño Caneiro, no barrio das Lagoas, contará a partir de 2019 cunha nova área de xogos infantís e de lecer.

Parque de Montealegre

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo; e a responsable da empresa Xesmega (concesionaria da xestión), Lorena Salgado, presentaron esta mañá en rolda de prensa as actividades do último trimestre do ano 2018 no Parque Botánico de Montealegre.

Foto horto urbano

O Concello publica información para os titulares de autorizacións de uso de hortos municipais en Montealegre e Mariñamansa.

Documentos