Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello pon en marcha a campaña Adopta unha árbore para por en valor o patrimonio arbóreo da cidade Esta campaña, en colaboración con Sustinea, está aberta á participación de centros educativos e particulares e se prolongará tamén ao Botánico de Montealegre. Todos aqueles interesados poderán adherirse a campaña e elexir a súa árbore na páxina web de Sustinea.

A actividade comezou o 23 de febreiro no CEIP Prácticas, onde 81 alumnos e alumnas de 6º de Primaria adoptaron un plátano de paseo, Acer pseudoplatanus.

Os obxectivos da campaña son claros:

  • Vencellar aos alumnos ao seu medio, naturalizando a súa realidade (contexto urbano).
  • Promover e por en valor os espazos verdes
  • Facer partícipe ao alumnado da toma de decisións na súa cidade.
  • Recoñecer a importancia das nenas e nenos funcionando como vectores da información entre os centros e as familias.
  • Beneficio dos espazos verdes para: saúde, economía e cohesión social.
  • Impulsar o civismo

O concelleiro de Medio ambiente, José Araújo, fixo fincapé en que esta campaña “englóbase no proxecto global deste Goberno Municipal de facer de Ourense unha cidade mellor, con especial énfase na necesidade de concienciar sobre a enorme riqueza que supón para a cidadanía a presenza de árbores, non só como elementos decorativos, senón como organismos vivos que melloran o entorno, a calidade do aire e a propia cidade”.