Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

 

O Concello de Ourense implantará un novo sistema de contedores para reemprazar as illas ecolóxicas, actualmente en desuso. Serán últimos modelos aparecidos no mercado, que se colocarán nas rúas Florentino Cuevillas, e Sáenz Díez, para avaliar cal é a mellor solución para trasladar posteriormente a toda a cidade. Tamén probará novos modelos de contedores en superficie en 5 barrios da cidade, cun deseño de menor altura e inferior impacto estético.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Jorge Pumar explicaron esta mañá as diferentes fases do que constituirá unha completa posta ao día e mellora do equipamento de contedores en superficie e soterrados cos que conta actualmente a cidade.

Neste senso, explicaron, o goberno municipal, á vista das opcións contempladas na auditoría realizada durante o pasado mandato, tiña previsto licitar por 367.000 euros a reparación dos contedores soterrados, que permanecen clausurados desde 2012. Esta idea desbotouse tras coñecer nova información que desaconsella claramente esta opción, fundamentalmente a Lei de Residuos, que obriga a instalar un quinto contedor dedicado aos residuos orgánicos na totalidade das illas ecolóxicas existentes antes do remate de 2020 (obrigatorio para Concellos de máis de 5.000 habitantes). Na cidade hai 50 illas -e preto de 500 puntos de recollida- das que moitas non se poderían adaptar á Lei, polo que investimento que se realizara na súa reparación non sería útil.

Novos modelos.

O goberno municipal tomou coñecemento, a través de provedores de servizos, da existencia no mercado de novos modelos de contedores semi soterrados, que incorporan vantaxes, coma as dun menor impacto visual, menor custe de mantemento e unha maior seguridade que os instalados no seu día na cidade, xa que non requiren levantar a beirarrúa. Ademais, incorporan mensaxes en linguaxe de braille para que as persoas con deficiencia visual saiban onde depositar o lixo.

Coñecendo estas novas opcións, os dous modelos máis novidosos -nas rúas Sáenz Díez e Florentino Cuevillas- serán os que determinen, en termos de tempos de carga e descarga e de custes de mantemento, cal se estenderá por toda a cidade, a través dunha licitación o próximo ano 2020.

O Concello tamén instalará un novo modelo de contedores en superficie, de menor altura e impacto visual, nos barrios da cidade. Concretamente, nas rúas Vicente Risco, no barrio da Ponte, Dalí, no Couto, Peña Trevinca, en San Francisco, Avenida de Zamora, en Mariñamansa e Vasco da Ponte, nas Lagoas. Este é o modelo 191016_Contenedor_barriosp.jpg