Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

A rúa Florentino Cuevillas conta, desde hoxe, coa primeira illa de contedores semisoterrados de cinco fraccións [para plásticos, para papel, para vidro, para orgánico e para outros, ademais dun depósito para baterías] da cidade. Estes contedores e os da rúa Sáenz Díez, de próxima instalación, están en fase de proba para determinar a súa utilidade e impacto estético. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que acudiu á posta en funcionamento desta illa xunto ao tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, agarda que “o prego poida estar en febreiro ou marzo e que poidamos ter contedores novos para o verán”.

Estes novos contedores soterrados son de carga superior, e baléiranse nos camións de recollida de lixo por un sistema de pluma. Ademais, contan con 3 m3 de capacidade (3.000 litros), case o dobre de capacidade que os anteriores (de 1,5 m3). Ademais, teñen unha práctica infografía no seu exterior que orienta os usuarios sobre que tipo de residuos se deben verquer en cada un.

O rexedor quixo salientar, ademais, que incorporan tecnoloxía de intelixencia artificial: “teñen uns sensores de recheo que alerta os camións de recollida, e así evitamos contaminar máis”.