Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense aprobou esta mañá, en xunta de goberno local, os trámites para contratar as obras de arranxo dos danos ocasionados nun vial da rúa Portalón - 14, en Reza, debidos ás inclemencias climatolóxicas que afectaron a cidade a comezos do mes de decembro. O expediente, tramitado pola Concellería de Perímetro Rural por vía de emerxencia -establecida no artigo 120 da Lei 9/2017 do 8 de novembro, Lei de Contratos do Sector Público-, permitirá dispoñer de 132.012,18 euros (IVE incluído) necesarios para as obras de reposición do muro e do vial.

Así mesmo, adxudícaselle á empresa mercantil Consultora Inrupre SL, autora da memoria técnica que serviu de motivación para o expediente de reconstrución, a asistencia técnica para a dirección de obra e para a coordinación da seguridade e saúde por un importe de 5.505 €, IVE incluído.

O temporal provocou o corte da rúa Portalón á altura do número 14, co perigo de derrubamento sobre unha vivenda. Na visita á zona, acompañado de técnicos municipais, o concelleiro de Perímetro Rural, Jorge Pumar asegurara que se buscaría “a máis rápida e eficaz solución ao problema”.