Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, e a concelleira de Facenda, Ana Morenza, visitaron esta mañá a rúa de Arias Páez, onde se están a realizar actuacións que teñen como finalidade mellorar a accesibilidade coas rúas da contorna. “Actualmente presentan limitacións de acceso para persoas con mobilidade reducida”, asegura Pumar, quen adianta que obras coma esta “son unha clara aposta apolos barrios, unha cidade accesible xera igualdade para os seus habitantes”.

As actuacións céntranse na pasaxe das rúas Alfonso X Sabio, Ricardo Courtier e Xunqueira de Ambía, coas que comunican e desde as que teñen acceso. Ditas rúas caracterízanse por presentar un a pendente lonxitudinal elevada ademais de importantes diferenzas de altura entre elas. Para salvar estes desniveis cóntase actualmente con terrazas a distintos niveis conectadas mediante escaleiras, sen dispoñer dun itinerario accesible para persoas con mobilidade reducida que queiran acceder a estes espazos. “Neste sentido, as necesidades para satisfacer consisten basicamente en mellorar a accesibilidade interior e exterior dos citado espazos, con obras encamiñadas a dar un uso aproveitable polos veciños, mellorando o conxunto tanto funcional como esteticamente”, resume o tenente de alcalde.

Previamente demoleranse as escaleiras intermedias, que fan que dita parcela sexa inaccesible, cos movementos de terras necesarios para albergar os novos espazos. Completarase a obra coa dotación de instalacións e mobiliario urbano, para iso realizarase instalación de iluminación pública, rede de rega, drenaxe e renovación da rede de saneamento, colocación de bancos de fundición e madeira e papeleiras. A instalación de iluminación será con farois de lámpadas LED. O orzamento de licitación para estas actuacións é de 291.946,05 euros.

“En definitiva, estas obras concibíronse para tratar de mellorar a vida das persoas mellorando a accesibilidade ás súas vivendas e á contorna no que habitan, eliminando barreiras arquitectónicas e creando espazos de encontro e estancia dos veciños desta parte da cidade”, di Pumar Jorge.